top of page

XORNADA PORTAS ABERTAS ALBERGUE LEMAVO

11 de Xuño de 2022 a partir das 20:00h.

En Monforte, no barrio das Cruces. Chamoso Lamas, 51


Catro anos pasaron desde aquel mes de maio do 2018 no que iniciabamos os trámites para poñer en marcha o noso proxecto de albergue na casa familiar do barrio das Cruces e que "A Voz de Galicia" recollía nas súas páxinas como “O Primeiro albergue privado do Camiño de Inverno en Monforte de Lemos”.



Dende esa data, aos poucos, con moita ilusión e apoiándonos únicamente nos nosos aforros, sen subvención algunha, con toda a problemática inimaxinable dunha Pandemia por medio, conseguimos finalizar o proxecto e abrir as nosas instalacións ao público, e especialmente aos peregrinos e peregrinas do Camiño de Inverno, o derradeiro 23 de abril. Superada esa xornada e transcorrido un prazo prudencial no que, prioritariamente, adicamos o tempo a consolidar atención ás persoas que camiñan queremos, agora, dar un paso máis e abrir as portas a toda a cidadanía de Monforte para presentarlles as nosas instalacións, que as coñezan e no posible difundan, porque confiamos que con elas contribuiremos, en parte, a paliar o deficit de aloxamento e atencións que requiren as peregrinas e peregrinos da ruta Xacobea pola marxe do Sil e a ribeira do Miño.


Abofé, deste xeito, dende a capitalidade da Ribeira Sacra, entre todas e todos os Monfortinos faremos do Camiño de Inverno o mellor dos camiños.


O sábado 11 de xuño, ás 20:00h. no Albergue Lemavo agardámosvos coas portas abertas.

Ultreia et Suseia


83 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page