top of page

V ANDAINA ESCOLAR POLO CAMIÑO DE INVERNO 10 de novembro 2022.


O día soleado acompañou e permitiu encher de cores as rúas de Monforte e o Val de Lemos polo final de etapa "Quiroga-Monforte" do Camiño de Inverno.

Dende Cereixa, Reigada, e dende o Campo da Virxe en San Vicente os máis cativos, camiñaron máis de 1500 escolares convocados pola Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra na V Andaina escolar polo Camiño de Inverno.


Allumnos de distintos centros de Monforte, Pantón, Chantada, O Saviñao, Bóveda, Sober e A Pobra de Brollón, mestres, e máis de 30 voluntarios da propia Asociación, remataron esta Andaina no Parque dos Condes en Monforte no que supuxo unha grande xornada de festa que, unha vez máis, cumpliu dabondo os obxectivos inicialmente marcados:

"Xenerar un espazo de convivencia entre distintos Centros da comarca aportando

unha ferramenta de traballo educativo para o profesorado, facilitar o coñecemento e o intercambio entre escolares, compañeiros, de distintas edades e promover, en fin, o Camiño de Inverno entre os máis xoves como un valor histórico e patrimonial de preto que temos a obriga de legar."

















Esta andaina foi retransmitida en directo por Onda Cero Monforte nun programa especial, a pe de rúa, co estudo radiofónico de campaña no propio parque e que, entre outros, foi patdrocinado polo noso Albergue,. o ALBERGUE LEMAVO.


Velaiquí a entrevista na que participamos ó remate da festa.







·




10 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page